02/06/10 Presentación do libroEl circo-teatro de Pontevedra, de Paulino Aparicio Moreno

Actualizado 28/05/2010 13:33

museo de pontevedra

Ás oito da tarde do próximo mércores, día dous de xuño, e con entrada libre, o salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá o acto de presentación do libro do profesor Paulino Aparicio Moreno “El Circo-Teatro de Pontevedra (1900-1924). Historia de un olvido”, publicado pola Fundación Universitaria Española dentro da súa colección “Investigaciones Bibliográficas sobre Autores Españoles”. No libro Paulino Aparicio recolle a totalidade das actuacións teatrais representadas no “Circo-Teatro”, desde a súa construción no antigo Campo da Feira, hoxe Xardíns de Vincenti, en terreos cedidos en 1900, por un prazo de veinte e cinco anos, polo Concello de Pontevedra a Moisés González Besada, Albino Patiño e Ramón Dios, ata 1924, data da súa desaparición.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra