Concerto de Bella Bicinia nas ruínas de San Domingos

Actualizado 09/07/2010 14:16

museo de pontevedra

Este sábado, 10 de xullo, ás dez da noite e con entrada libre ata completar cabida, comeza na súa segunda edición o ciclo Noites de Música nas Ruínas de San Domingos, organizado polo Museo de Pontevedra, coa colaboración do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

O primeiro concerto estará a cargo de Bella Bicinia, que, baixo o título Una dolce favilla, interpretará un importante repertorio de música barroca italiana. Integran o grupo Magdalena Padilla, soprano, Arquímedes Artal, viola de gamba, Pablo Zapico, guitarra barroca e tiorba, e Aarón Zapico, clave. O grupo Bella Bicinia interpretará o seguinte repertorio:

  • Capriccio sopra la battaglia,
  • Cosí mi desprezzate,
  • Gagliarda (Seconda),
  • Balletto (Terzo)
  • Se l’aura spira, de Girolamo Alessandro Frescobaldi
  • Ballo Ongaro, de Giovanni Picchi;
  • Tocata prima
  • Tocatta seconda arpeggiata, de Giovanni Girolamo Kapsperger
  • Sonata seconda, de Giovanni Battista Fontana
  • Per un bacio, de Barbara Strozzi
  • Ancor che col partire, de Ricardo Rognoni
  • Pavana & Saltarello, Anónima
  • Tu mi chiedi o mio ben, de Domenico Scarlatti.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra