Novos Valores 2010. Obra seleccionada

Actualizado 26/07/2010 14:23

museo de pontevedra

O xurado do certame, presidido por Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra, estivo composto por José Juan Durán Hermida, Xosé Carlos Valle Pérez, Juan Fernando de Laiglesia González, Carlos García Suárez Otero, Manolo Paz Mouta, María Ojea González e Mercedes Costas Fernández, actuando como secretario Antonio Santos Guerra.

Obtiveron cadansúa bolsa dotada con 6.000 euros Misha Bies Golas polo seu debuxo Sen título (Tríptico da serie Artefactoso), Juan José Conde Fernández, pola fotografía Pánico en la galería de arte, María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, pola fotografía sen título (Puesta de sol en Ugbar) , José Pérez López, polo seu video Corpi in movimenti e José Vidal Vidal por a súa obra El espacio negro de mis pensamientos. A bolsa de pintura José Fernández López, foi para Marcos Alberto Covelo Pérez, pola súa obra Vis a vis.

Na mostra exhibiranse un total de trinta e nove obras seleccionadas das máis de duascentas cincuenta presentadas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra