Audicións de música clásica comentada. P.I Tchaikovsky

Actualizado 06/11/2010 10:13

museo de pontevedra

O vindeiro día 13, sábado, ás 11:00 h, comezará no Salón de Actos do Sexto edificio a cuarta entrega do ciclo de audicións de música clásica comentada titulado A historia da Música Clásica contada a través da vida e a obra dos compositores. Impartido por Manuel López-Benito Álvarez, desenvolverase os sábados 13, 20 e 27 de novembro, e 4 de decembro. Estará dedicado ao compositor ruso P. I. Tchaikovsky. As persoas interesadas en asistir a este ciclo de audicións deberán inscribirse previamente, ben mediante chamada telefónica (nº 986 851 455 - Ext. 42490), ben por correo electrónico (josemanuel.castano@depo.es), ou a través do Gabinete Didáctico do Museo. Admitiranse inscripcións ata completar o aforo da sala.

A viaxe a través da Historia da Música chega o seu fin, coa audición das pezas máis características do compositor Pjtor Ilych Tchaikovsky.

Ademáis da audición das obras, tamén analizarase o papel fundamental que tiveron, para a creación artística do compositor, o seu entorno histórico, social e estético no que o artista se desenvolveu.

A audición será dirixida por Manuel López-Benito.

Terá lugar os días 13,20 e 27 de novembro e 11 de decembro de 11:30 ás 13:30 no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra