Obradoiros Outono 2010

Actualizado 22/10/2010 14:31

museo de pontevedra

O vindeiro luns, día 25, o Museo de Pontevedra abrirá o prazo para matricularse nos Obradoiros de Outono 2010. Dentro desta iniciativa, se ofertan 4 talleres diferentes: dous de pintura, un de arqueoloxía e outro de cerámica, todos eles destinados entreter e ensinar a nenos e maiores. O prazo de matrícula remata ó completarse as prazas.

O prazo de matrícula abrirase o luns 25 de outubro ata que tódalas prazas estean cubertas. As instancias deberán presentarse no Rexistro da Deputación Provincial (Avenida de Montero Ríos s/n).

Máis información picando aquí.

Pinta no Museo

Se trata dun obradoiro didáctico co que se quere introducir ós pequenos e ós adultos, na técnica da pintura ó óleo pintando os seus propios lenzos a partir de obras do Museo. Tamén se dedicará unha xornada ó proceso de restauración dunha obra de arte. A actividade está programada para ser desenvolvida con diferentes grupos:

  • Nenos de 5 a 8 anos: 7 días (mércores: 27 de outubro, 3, 10, 17 e 24 de novembro, e 1 e 15 de decembro) e celébranse en horario de 16:30 a 18:00 horas.
  • Nenos de 9 a 12 anos: 7 días (mércores: 27 de outubro, 3, 10, 17 e 24 de novembro, e 1 e 15 de decembro) e celébranse en horario de 18:00 a 19:30 horas.
  • Nenos de 5 a 8 anos: 4 días (sábados: 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro) e celébranse en horario de 10:30 a 13:00 horas.
  • Nenos de 9 a 12 anos: 4 días (sábados: 27 de novembro, 4, 11 e 18 de decembro) e celébranse en horario de 10:30 a 13:00 horas.
  • Adultos maiores de 18 anos: 8 días (xoves: 28 de outubro, 4, 11, 18 e 25 de novembro e 2, 9 e 16 de decembro) e celébranse en horario de 17:00 a 19:00.

Reconstruíndo o pasado: simulación de escavación arqueolóxica Esta actividade ven a ser unha simulación dunha escavación arqueolóxica que pretende fomentar nos nenos o interese por descubrir o pasado. Os participantes poderán realizar os diferentes pasos do traballo de campo e de gabinete propios dunha intervención arqueolóxica, dende a recollida do obxecto ata a exposición nunha vitrina. Esta iniciativa está dirixida a rapaces de 10 a 14 anos e ten unha duración de 6 días (os martes 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro e 14 de decembro) das 16:45 ás 19:00 horas.

Obradoiro de cerámica Este obradoiro se organiza en colaboración coa Asociación ALBA. A súa finalidade é introducir ós cativos no coñecemento dos materiais e no mundo da cerámica. Ó rematar o curso os participantes estarán en condicións de confeccionar una vasilla de cerámica simple. As clases se organizarán en dúas quendas: -

  • Nenos de 5 a 8 anos: 6 días (venres: 29 de outubro, 5, 12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro) e celébranse en horario de 16:30 a 18:00 horas.
  • -
  • Nenos de 9 a 12 anos: 6 días (venres: 29 de outubro, 5, 12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro) e celébranse en horario de 18:00 a 19:30 horas.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra