Completadas as prazas para os Obradoiros de Nadal

Actualizado 03/12/2010 14:16

museo de pontevedra

Pechouse xa a lista de admitidos nos obradoiros de Nadal do Museo con cento dez participantes. A gran demanda existente motivou que se ampliasen, cunha segunda quenda polas tardes, os obradoiros de pintura e cerámica para os máis pequenos, así como que se incementase o número de participantes no obradoiro de arqueoloxía. Aínda así algúns inscritos non poderán participar por estar completo o número de prazas, seleccionadas en base ó orde de inscrición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra