15/12/2010 Inauguración da exposición Aldemunde, espazo do nómade, de Xurxo Alonso

Actualizado 14/12/2010 12:51

museo de pontevedra

O mércores 15 de decembro, ás oito do serán, celebrarase o acto de inauguración da exposición Aldemunde, espazo do nómade, do pintor Xurxo Alonso.

Esta mostra, que permanecerá aberta ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2011, presenta case un centenar de obras, propiedade do artista, que abarcan a súa última produción, desde o ano 2006 ata hoxe e que o autor divide en seis series: La fuga del mar, Teatro de sombras, Divina comedia, Tintureiros de Aldemunde, Bandeiras e Elegancia da madeira.

A entrada é libre e o horario, o habitual nas exposicións temporais:

  • De martes a venres: de 17h a 21h
  • Sábados: de 11h a 14h e de 17h a 21h
  • Domingos e festivos: de 11h a 14h
  • Luns: pechado
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra