1 e 3/ 03/2011 Ciclo de conferencias sobre el Carnaval

Actualizado 08/02/2011 14:26

museo de pontevedra

O vindeiro 1 de marzo, comeza un ciclo de conferencias dedicada ó Entroiodo, que se celebrará no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo, a partir das oito do serán, con entrada libre.

O ciclo comezará coa intervención de Araceli Filgueira Iglesias, coautora, con Álvaro Cunqueiro do libro Cocina gallega, que se converteu no máis vendido de cociña tradicional galega, con máis de 30.000 exemplares desde 1983. O título da súa conferencia é Sabores do Entroido en Galicia.

O xoves 3 de marzo será Xosé Manuel González Reboredo, doutor en Filosofía e Letras e Antropólogo, membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, do Padroado do Museo do Pobo Galego e do Consello da Cultura Galega, quen disertará acerca do Teatro do Entroido en Galicia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra