22/01/2011. Firma de convenio coa Real Academia Galega dun depósito de obras de Castelao

Actualizado 22/02/2011 10:14

museo de pontevedra

O 22 de febreiro, ás 12:00h da mañá, no Sexto Edificio do Museo, terá lugar o acto de asinamento dun convenio entre os presidentes do Organismo Autónomo Local Museo Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, e da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, polo cal a Real Academia Galega deposita con carácter indefinido, dous dos lenzos de gran formato pintados por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

As obras que hoxe se depositan no Museo de Pontevedra foron pintadas por Castelao en 1915 para o Balneario de Mondariz. Supoñen a versión monumental das que integraron Cuento de ciegos, o tríptico premiado cunha Terceira Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes dese mesmo ano. Unha das partes deste conxunto é propiedade hoxe do Museo. A ela, curiosamente, alude Castelao nunha carta a Francisco Lloréns de abril de 1919, pertencente tamén ao Museo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra