O martes, no museo, conferencia de Araceli Filgueira sobre Os sabores do Entroido

Actualizado 28/02/2011 09:37

museo de pontevedra

No salón de actos do Sexto Edificio do Museo, comezará o próximo martes, día un de marzo, ás oito da tarde e con entrada libre, o ciclo de conferencias que sobre o Entroido organiza o Museo por terceiro ano consecutivo para sumarse ás celebracións que con tal motivo se programan na cidade de Pontevedra.

A primeira das conferencias estará a cargo da escritora María Araceli Filgueira Iglesias, que, baixo o tema Os sabores do Entroido en Galicia, analizará numerosas receitas gastronómicas típicas desta festa.

Na segunda e última conferencia, Xosé Manuel González Reboredo, do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego, falará sobre Teatro de Entroido en Galicia, referíndose á teatralidade ofrecida por moitas das representacións carnavalescas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra