Obradoiros de instrumentos musicais tradicionais galegos impartidos por Pablo Carpintero

Actualizado 21/03/2011 11:02

museo de pontevedra

Nas pasadas semanas tiveron lugar catro obradoiros de instrumentos musicais tradicionais galegos, impartidos por Pablo Carpintero.

Cada un deles estaba dedicado a unha etapa da evolución humana, (Paleolítico, Neolítico, Idade Media), e os participantes construíron diversos instrumentos musicais, con materiais, moitos deles perecedoiros.Seguindo as instrucións de Pablo Carpintero, fabricaron carrizos, zoadeiras, cantagalos, pandeiros, frautas, e mesmo unha gaita sinxela.

Dentro das actividades relacionadas con estes obradoiros, que se celebran no Sexto Edificio do Museo, quedan por celebrarse un Concerto Didáctico, que se aprazou ata o 24 de maio ás 20 horas, con entrada libre ata completar o aforo do auditorio do Museo, e un Paseo polo río, que terá dúas sesións: o 28 de maio e o 4 de xuño, de 10:30 h a 13:30 h, aberto a tódalas idades e cun máximo de trinta e cinco participantes en cada sesión.

Descargue formulario de inscrición aquí.

Ver programa aquí

PALEOLÍTICO


NEOLÍTICO


IDADE MEDIA

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra