25/03/2011 Inauguración da exposición Antón Lamazares. 1980-2010

Actualizado 21/03/2011 12:09

museo de pontevedra

No Sexto Edificio do Museo, ás oito da tarde do próximo venres 25 de marzo, será inaugurada a exposición retrospectiva do artista lalinense residente en Berlín Antón Lamazares, na que se propón un percorrido pola traxectoria dos últimos trinta anos do artista.

A mostra permanecerá aberta ata o día 18 de maio, sendo o seu horario de apertura ao público o seguinte: de martes a venres, de 17:00 h a 21:00 h; os sábados, de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h, e os domingos e festivos, de 11:00 h a 14:00 h. Non obstante, os centros escolares e colectivos que o desexen poden visitala fóra dese horario contactando previamente co Gabinete Didáctico do Museo.

Como complemento á exposición se editou un catálogo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, onde ás reproducións fotográficas das obras, acompañan textos de Marta Morales, Gloria Moure e Ángel Gabilondo.

As obras que se exhibirán no Museo de Pontevedra proceden tanto de coleccións privadas coma da do propio artista realizadas por Antón Lamazares dende 1980, tras a concesión por parte da Deputación Provincial dunha bolsa para ampliación de estudos, coa que se despraza a París en 1979, ata o pasado ano 2010.

A mostra, da que é comisaria a crítica de arte Gloria Moure, ten un carácter reivindicativo, en canto pon de manifesto a importancia que a súa obra tivo dentro dos artistas da súa xeración, e un carácter de investigación, no sentido de dar a luz a unha parte da súa produción non coñecida ata o momento.

Non é doado configurar hoxe, xa que non hai patróns formalistas que seguir, nin procedementos de abstracción que non poidan tornarse perversos. Antón Lamazares constitúe un exemplo preclaro dun artista consciente e embriagado por este marco incerto da súa época. Por un lado, non rexeita a imaxe senón que a privilexia e utilízaa como centro da súa aproximación creativa, pero por outro foxe da súa virtualidade e faina convivir coa materia; de modo que podemos dicir que a súa resposta configurativa á bidimensionalidade, connatural ao pictórico, vén dada por esa intensa comuñón entre o iconográfico e o matérico.

A exposición está desenvolvida non cun carácter cronolóxico, senón fundamentada en conceptos e ideas tomadas e retomadas ao longo do proceso creativo do artista, manifestando unha idea de progreso non lineal no que se mesturan cultura, experiencia, azar e memoria. A través das 120 obras que a compoñen (debuxos, madeiras, obras bifrontes, etc.) faise evidente que o ser autentico comporta analizar, desmontar e reconectar o repentinamente inconexo, de modo que a novidade non é a innovación singular, senón a nova interpretación do xa dito. Na súa obra, o artista xunta de forma maxistral o seu interese en retomar a tradición pictórica da arte, sobre todo a partir dun determinado segmento da vangarda histórica e a súa contemporaneiade ao explorar tanto o seu sentido como as súas posibilidades a través das inquietudes e claves estéticas do seu tempo.

A mostra permanecerá aberta ata o día 8 de maio, sendo o seu horario de apertura ao público o seguinte: de martes a venres, de 17:00 h a 21:00 h; os sábados, de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h, e os domingos e festivos, de 11:00 h a 14:00 h. Non obstante, os centros escolares e colectivos que o desexen poden visitala fóra dese horario contactando previamente co Gabinete Didáctico do Museo.

Como complemento á exposición se editou un catálogo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, onde ás reproducións fotográficas das obras, acompañan textos de Marta Morales, Gloria Moure e Ángel Gabilondo.

As obras que se exhibirán no Museo de Pontevedra proceden tanto de coleccións privadas coma da do propio artista realizadas por Antón Lamazares dende 1980, tras a concesión por parte da Deputación Provincial dunha bolsa para ampliación de estudos, coa que se despraza a París en 1979, ata o pasado ano 2010.

A mostra, da que é comisaria a crítica de arte Gloria Moure, ten un carácter reivindicativo, en canto pon de manifesto a importancia que a súa obra tivo dentro dos artistas da súa xeración, e un carácter de investigación, no sentido de dar a luz a unha parte da súa produción non coñecida ata o momento.

Non é doado configurar hoxe, xa que non hai patróns formalistas que seguir, nin procedementos de abstracción que non poidan tornarse perversos. Antón Lamazares constitúe un exemplo preclaro dun artista consciente e embriagado por este marco incerto da súa época. Por un lado, non rexeita a imaxe senón que a privilexia e utilízaa como centro da súa aproximación creativa, pero por outro foxe da súa virtualidade e faina convivir coa materia; de modo que podemos dicir que a súa resposta configurativa á bidimensionalidade, connatural ao pictórico, vén dada por esa intensa comuñón entre o iconográfico e o matérico.

A exposición está desenvolvida non cun carácter cronolóxico, senón fundamentada en conceptos e ideas tomadas e retomadas ao longo do proceso creativo do artista, manifestando unha idea de progreso non lineal no que se mesturan cultura, experiencia, azar e memoria. A través das 120 obras que a compoñen (debuxos, madeiras, obras bifrontes, etc.) faise evidente que o ser autentico comporta analizar, desmontar e reconectar o repentinamente inconexo, de modo que a novidade non é a innovación singular, senón a nova interpretación do xa dito. Na súa obra, o artista xunta de forma maxistral o seu interese en retomar a tradición pictórica da arte, sobre todo a partir dun determinado segmento da vangarda histórica e a súa contemporaneiade ao explorar tanto o seu sentido como as súas posibilidades a través das inquietudes e claves estéticas do seu tempo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra