Asinouse un compromiso de colaboración entre o Museo de Pontevedra e a Escola de Restauración

Actualizado 31/03/2011 10:58

museo de pontevedra

No Sexto Edificio do Museo formalizouse o venres, día un de abril, ás doce e media da mañá, o compromiso de colaboración cultural e artístico entre a devandita institución e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Asinaron o documento Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta da Deputación e presidenta executiva do Museo, e Adelaida Lorenzo Sueiro, directora da Escola.

Mediante o referido compromiso de colaboración establécense uns principios de actuación entre ambas as dúas institucións para a realización de prácticas formativas por parte dos alumnos da Escola para completar os seus estudos académicos.

As prácticas a realizar polos estudantes seleccionados consistirán en traballos de conservación e restauración de obras custodiadas no Museo durante un período de tres meses, que poderá ser prorrogado se se considerase conveniente, sempre baixo a supervisión dun titor especializado designado polo Museo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra