Aprazado o concerto didáctico de Pablo Carpintero

Actualizado 05/04/2011 09:33

museo de pontevedra

O concerto didáctico sobre instrumentos musicais tradicionais galegos programado para o día 7 de abril ás 20 horas, tivo que aprazarse ata o vindeiro 24 de maio, no mesmo horario e sede, por motivos técnicos.

Este concerto didáctico pretende facer chegar ao público a gran riqueza da tradición musical galega, a través do coñecemento dalgúns dos seus instrumentos musicais.

Dous son os obxectivos fundamentais deste concerto : a posta en valor do noso patrimonio cultural musical e espertar o interese do público pola nosa música e os nosos instrumentos musicais.

Cada instrumentos que se amosa vai acompañado dunha interpretación con el, nunca se ensina un instrumento sen facelo soar. Así percórrense os máis importantes instrumentos musicais dentro da nosa tradición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra