18/04/2011 Concerto de Semana Santa a cargo da Sociedad Coral Polifónica

Actualizado 08/04/2011 13:45

museo de pontevedra

O tradicional concerto de Semana Santa, que todos os anos organiza o Museo, celebrarase o próximo día dezaoito de abril, Luns Santo, ás oito e media da tarde, con asistencia libre, e terá como marco a igrexa parroquial de San Bartolomeu.

Estará a cargo, como vén sendo habitual, da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, dirixida por Marlene Armentero Cutiño, que ofrecerá o seguinte repertorio de música relixiosa: Tenebrae factae sunt, de J. Michael Haydn (1737-1806); Crux fidelis, de João IV de Portugal (1604-1656); Misa Laudate Dominus de Coelis ("Sanctus"), de Orlando di Lasso (1532-1594); O sacrum convivium, de Ludovico de Viadana (1564-1627); Ave María, de Tomás Luis de Victoria (1540-1611); Sicut cervus, de Giovanni Pierluigi Palestrina (1515-1594), e Ecce quomodo moritur justus, de Jakob Handl (1550-1591).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra