30/04/2011 Comeza a segunda parte da Tempada 2011 dos Concertos de Música Clásica Comentados

Actualizado 26/04/2011 09:47

museo de pontevedra

O vindeiro sábado, día 30 de abril, iniciarase o segundo dos catro ciclos das audicións musicais que, baixo a denominación xenérica de Grandes Xenios da Música Clásica, se celebran no Auditorio do Sexto Edificio do Museo (rúa P. Amoedo, 3) con horario de 11:30h a 13:30h.

Nesta ocasión o ciclo estará dedicado ao compositor checo Antonín Leopold Dvorak.

O ciclo está dividido en catro sesións que terán lugar os sábados 30 de abril, 7, 14 e 21 de maio, de aproximadamente dúas horas de duración cada unha e que incluirán a audición de dez – doce das súas páxinas musicais máis representativas, acompañada da proxección de material visual de apoio.

O profesor López-Benito realizará unha breve introdución explicativa previa, que servirá para enmarcar ao compositor e á súa música dentro do momento histórico, artístico e social que lle é contemporáneo, ao tempo que se resaltará o que cada unha destas páxinas ten de destacable dende o punto de vista musical e artístico.

Lembramos que esta actividade é totalmente gratuíta.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra