Prorrogada ata o día dezaoito de maio a exposición retrospectiva de Antón Lamazares

Actualizado 06/05/2011 14:28

museo de pontevedra

Coa finalidade de dotar de maior contido á Noite dos museos, programada no Museo de Pontevedra para o vindeiro sábado, día 14, e ao Día Internacional dos Museos, que o ICOM conmemora anualmente o 18 de maio, e dado o interese da mostra, o Museo decidiu prorrogar ata esta última data a exposición retrospectiva dedicada ao artista lalinense Antón Lamazares, cuxa clausura estaba prevista para o vindeiro domingo, día 8.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra