Obradoiros de verán no Museo de Pontevedra

Actualizado 19/05/2011 09:21

museo de pontevedra

O Servizo de Acción Social da Deputación e o Museo de Pontevedra puxeron en marcha este verán unha nova edición dos obradoiros de verán destinada a nenos e nenas.

Quere contribuír a potenciar o desenvolvemento persoal dos participantes, a establecer relacións sociais e de amizade, a fomentar de forma lúdica e activa o interese pola arte e o patrimonio cultural, a potenciar os valores de tolerancia, respecto e compañeirismo, ademais de ofrecer unha alternativa á conciliación da vida familiar e laboral de país, nais ou titores.

O programa estase a levar a cabo nas instalacións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra en horario de mañá. Consta dun obradoiro de pintura titulado Pinta no Museo, un obradoiro de arqueoloxía titulado Reconstruíndo o pasado. Simulación de escavación arqueolóxica e un conxunto de propostas lúdicas e formativas denominado Xogarte onde se realizan actividades propias da época estival, tales coma: papiroflexia xigante, barcas de cortiza, lapiseiros de inspiración mariña, móbiles de peixes, decoración de pedras de mar e río e diferentes xogos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra