19/05/2011 Entregados os premios dos Concursos Escolares

Actualizado 20/05/2011 12:43

museo de pontevedra

O xoves 19 de maio, no auditorio do Sexto Edificio, celebrouse a entrega dos premios dos Concursos Escolares na edición deste ano 2011. Tamén se presentou o libro no que se recollen os traballos premiados na edición do pasado ano.

Nos concursos “López Suárez – Castillejo”, obtivo o premio, consistente nun vale por valor de 450 euros para a adquisición de libros ou material escolar, o I.E.S. Castro Alobre, de Vilagarcía de Arousa, co traballo sobre “Bosques da Illa de Cortegada”, realizado polos alumnos de primeiro de E.S.O. Yago González, Carlota Reiriz, Miguel de Santiago, Carlos Nartallo, Alba Varela, Alberto Souto, Ana Aguiño, Ainoa Fidalgo, Alberto Barral e Alma Alcaine, baixo a dirección da profesora Olga Martínez Moldes.

Nos “Emilia Estévez Villaverde”, cuxos primeiros premios consisten en vales para a adquisición de libros ou material escolar por valor de 90 euros e os accésits por 60 euros, os alumnos premiados na modalidade de narrativa foron: no primeiro ciclo, Brais González Menduiña, polo conto “A choia que fala”, e o accésit para Arón Fernández del Río, por “A árbore de Xoán”, ambos os alumnos do C.E.P. de Riomaior (Santa Cristina de Cobres – Vilaboa); no segundo ciclo, o primeiro premio para Fabio Grajales Pereira, do C.E.P. A Xunqueira 2, de Pontevedra, por “A amistade no bosque”, e o accésit para Paula Divos Gutiérrez, do C.E.I.P. Arealonga, de Vilagarcía de Arousa, por “O gnomo Pepín”, e no terceiro ciclo o primeiro premio para Iris Beiras Pintos, por “A nogueira e o carballo”.

Na modalidade de poesía, no primeiro ciclo o primeiro premio foi para a composición de Lucas Filgueira González e o accésit para a de Irene Ríos Moreiras, ambos os do C.E.P. de Riomaior; no segundo, o primeiro premio para o poema ”A miña lavandeiriña”, de Gabriel Vidal Cernadas, do Colexio Amor de Deus, de Vigo, e os accésits para “Que hai non bosque?”, de Álvaro Eiré Fernández, do C.E.I.P. Arealonga, e “Toupa”, de Anara Lois Ogando, do C.E.I.P. Campolongo de Pontevedra, e no terceiro, o primeiro premio para “Chuvia nas follas”, de Linda Vitoria Percíncula Martínez, do C.E.P. Marcos da Portela, de Monte Porreiro, e o accésit para “Noso río Maior”, de Érika Sanjorge Portela, do C.E.P. de Riomaior.


Facer clic fóra da imaxe para saír

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra