Presentación de Atlántica Memoria (formato audiovisual)

Actualizado 23/06/2011 13:03

museo de pontevedra

O día 28 de xuño, no Sexto Edificio do Museo, ás oito da tarde terá lugar a estrea, aberta a tódolos públicos (ata completar aforo), de Tres Tragedias Bélicas en dous episodios Nova Historia, Novo Enfoque e en Audiovisual. Reformulación drástica, desde unha perspectiva transnacional, das guerras napoleónicas e a súa consecuencia: o nacemento da sociedade contemporánea. ¡O noso mundo! Iluminan o arranque dunha Revolución que acabará por ser Liberal e Democrática; pero que foi atlántica e con potente compoñente señorial (militar e clerical) nos seus primeiros pasos…

Como se pode contar a Historia Contemporánea dos pobos se se descoñecen, absolutamente, as biografías dos protagonistas de maior relevo, as súas conexións sociolóxicas locais e os entronques familiares?

Velaí tres casos tráxicos, pontevedreses para maior proximidade, con protagonismo internacional en momentos decisivos. Entroncados entre si por razóns profesionais e potentes redes familiares transfronteirizas. Absolutamente descoñecidos os tres, a pesar da súa formidable densidade histórica, la beleza narrativa das súas traxectorias e a forza audiovisual dos acontecementos nos que tomaron parte. Neste último aspecto, ilustran o comezo da era da imaxe. Foron os primeiros que se beneficiaron do invento dun revolucionario procedemento de reprodución gráfica: a litografía...

Benito Pardo de Figueroa (Pazo de Fefiñáns, 1755/ Riga, 1812)

Joaquín Miranda, conde de San Román (Pazo de Pontevedra, 1756-Batalla de Espinosa de los Monteros, 1808)

Baltasar Pardo de Figueroa, conde de Maceda (Parador Nacional de Pontevedra, 1773/ Batalla de Medina de Rioseco, 1808)

Produción: J. A. Durán (Ed.)

Realización: Jorge Durán

Dereitos televisivos da versión galega: Televisión de Galicia-TVG

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra