Estrea de Tres Traxedias Bélicas

Actualizado 28/06/2011 09:05

museo de pontevedra

As oito da tarde do día 28 de xuño, no Sexto Edificio do Museo celebrarase a presentación, con entrada libre, do audiovisual Atlántica Memoria, producido por José Antonio Durán e realizado por Jorge Durán, cuxa versión galega contou coa colaboración de Televisión de Galicia.

Atlántica Memoria consta de dous documentais nos que se contan tres traxedias das guerras napoleónica moi relacionadas con Pontevedra, con protagonismo internacional en momentos decisivos. Os seus protagonistas, entroncados entre si por razóns profesionais e potentes redes familiares transfronteirizas e absolutamente descoñecidos o tres, a pesar da súa formidable densidade histórica, a beleza narrativa das súas traxectorias e a forza audiovisual dos acontecementos nos que tomaron parte. Neste último aspecto, ilustran o comezo da era da imaxe, posto que foron os primeiros que se beneficiaron do invento dun revolucionario procedemento de reprodución gráfica, como foi a litografía. Os personaxes biografiados no documentais obxecto da presentación son Benito Pardo de Figueroa, herdeiro de Fefiñáns, nacido en Cambados en 1755 e falecido en Riga en 1812, e Baltasar Pardo de Figueroa, Conde de Maceda, nacido en Pontevedra en 1773 e falecido na batalla de Medina de Rioseco en 1808, cuxa historia se narra segundo o Romance do Conde de Maceda (A derrota e o heroe).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra