Inaugurada a exposición Novos Valores 2011. Obra seleccionada

Actualizado 27/07/2011 14:32

museo de pontevedra

Un ano máis o Museo de Pontevedra acolle a exposición que mostra as obras seleccionadas no certame Novos Valores. O xoves 28 de xullo, ás 20:00 horas celebrouse a inauguración no Sexto Edificio.

Ata o 18 de setembro de 2011, no horario habitual de exposicións temporais, exhibiranse corenta das 253 pezas presentadas, entre as que, naturalmente, se atopan as que obtiveron as bolsas correspondentes.

Este ano o xurado, presidido por José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura, e do que foron vogais, José Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra; Carlos Rosón Gasalla, presidente da Fundación RAC; Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro; Antón Sobral Iglesias, artista; Ramón Rozas Domínguez, crítico de arte e Mercedes Costas Fernández, funcionaria en representación do Servizo de Cultura da Deputación; e no que actuou como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura, premiou as seguintes obras e artistas:

HUGO ALDATZ ALONSO (Vigo-Pontevedra, 1984)

Empty pools

Madeira e resina

LULA GOCE (Baiona-Pontevedra, 1976)

Topografías

Papel guarro e arame

MARTA GONZÁLEZ FORTES (Pontevedra, 1980)

Sen título

Acrílico/madeira

Bolsa José Fernández López

FERNANDO LAFUENTE LESTÓN (Poio-Pontevedra, 1956)

Librería

Acrílico/contrachapado e remaches

ANTONIO LORENZO GUISADO (Mondariz Balneario-Pontevedra, 1967)

Karnaq

Óleo/lenzo

VERÓNICA VICENTE ÁLVAREZ (Tomiño-Pontevedra, 1988)

Frontière à ne pas franchir? I

Fotografía dixital

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra