O concerto de música en Compostela celebrarase o venres no Museo de Pontevedra

Actualizado 03/08/2011 12:54

museo de pontevedra

O tradicional concerto “a la luz de los candelabros”, que desde hai cincuenta e dous anos ofrecen no Museo de Pontevedra, organismo autónomo da Deputación, os alumnos asistentes aos cursos internacionais “Música en Compostela” que dirixe o profesor Antonio Iglesias, celebrarase o venres, día cinco de agosto, ás oito da tarde, con entrada libre, no Sexto Edifico do Museo.

Abrirá a primeira parte do concerto a soprano Ohiane González de Viñaspre Núñez, alumna da clase de Canto que imparte a profesora Isabel Penagos, que, acompañada ao piano por Julio Alexis Muñoz, interpretará as seguintes composicións: Aureana do Sil (texto de Ramón Cabanillas) e Pastoral (texto de Juan Ramón Jiménez), de Federico Mompou (1893 - 1987); Cuatro madrigales amatorios (texto anónimo) (¿Con qué la lavaré?, Vos me matásteis, ¿De dónde venís, amore? e De los álamos vengo, madre), de Joaquín Rodrigo (1901 – 1999), e Me llaman la primorosa (texto de Guillermo Perrín y Miguel de Palacios), de El Barbero de Sevilla, de Manuel Nieto (1844 – 1915) e Gerónimo Jiménez (1852 -1923).

O peche da primeira parte estará dedicado ao violinista Manuel Quiroga como homenaxe do Museo e de Música en Compostela no cincuentenario do seu pasamento. O alumno da clase de Violín, impartida polo profesor Agustín León Ara, Mili Fernández, acompañado ao piano por Juan Manuel Consuegra, interpretará as obras da autoría do compositor pontevedrés Alborada, La Jota e Rondalla.

O alumno Samuel Diz Sierpes, da clase de Guitarra que dirixe o profesor José Luis Rodrígo, será o encargado de abrir a segunda parte do concerto, interpretando as obras de Federico Mompou Preludio, Canción e Muñeira.

O concerto rematará coa actuación do Coro “Filgueira Valverde” da Clase de Polifonía que imparte a Profesora Carmen Cruz, integrado por JavierAlejandro Francos Marrero, Mª de los Ángeles Reyes Méndez, Nestor Sánchez Galván, Noé Tinguaro Fierro Díaz, Sara Ingrid Acosta Barroso, Sofía González Batista e Alicia García Toledo. Interpretará as siguintes composicións: ¿De dónde venís amores?, de Juan Vásquez (ca. 1500 – ca. 1556); Teresica hermana, Anónimo (s. XVI); Oyd, oyd una cosa, de Francisco Guerrero (1528 – 1599); Dos melodías vascas (Jeiki, jeiki, etchenkuak e Txorritua, nuat hua), de José Antonio de Donostia (1886 – 1956); El Rossinyol, de Antoni Pérez Moya (1884 – 1964); Negra sombra, de Juan Montes (1840 – 1899), y El Baile, de Eduardo Martínez Torner (1888 – 1955).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra