O Museo amplía o horario de apertura das exposicións temporais

Actualizado 09/08/2011 11:03

museo de pontevedra

Coa finalidade de facilitar a visita ás exposicións temporais que actualmente o Museo de Pontevedra exhibe no Sexto Edificio, a institución decidiu que ditas instalacións permanezan abertas ata as doce da noite os días 12, 13, 19 e 20 de agosto, coincidindo coa semana das Festas da Peregrina.

Deste xeito, tanto os pontevedreses como os turistas que visitan a nosa cidade poderán dispor dun horario máis amplo para visitar as mostras Colección Sánchez Mesas – Fernández de Tejada. Arte contemporánea e asiático-oriental e Novos valores 2011. Obra seleccionada.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra