Ruta do Museo: visitas guiadas polos edificios do Museo

Actualizado 02/09/2011 14:35

museo de pontevedra

O Museo organiza un ciclo de percorridos guiados que, baixo o título de Ruta do Museo,está dirixido a visitantes que se queiran iniciar no coñecemento dos seus edificios, a súa historia e as súas coleccións.

O itinerario comezará nas Ruínas de San Domingos e finalizará, ao cabo de dúas horas, no Sexto Edificio. Realizarase durante os meses de marzo, abril, maio, outubro e novembro, os sábados e domingos ás 11:30h.

A participación nesta actividade é gratuíta, pero é preciso inscribirse para elixir a data desexada e formar grupos, que non deben superar as vinte persoas.

As inscricións pódense facer no propio Museo, chamando ao teléfono 986804100, extensión 42415 ou enviando un correo electrónico a gabinetedidactico.museo@depo.es

Esta actividade está dirixida, de forma especial, aos habitantes de Pontevedra e o seu contorno como unha primeira aproximación ao coñecemento do seu Museo, que se verá complementada con outras visitas máis específicas dirixidas a coñecer máis polo miúdo as súas coleccións.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra