Estanse a celebrar os obradoiros de outono do Museo de Pontevedra

Actualizado 20/10/2011 13:52

museo de pontevedra

Desde o pasado día 2 de novembro estanse desenvolvendo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, organismo autónomo da Deputación, os obradoiros de outono, nos que participan cincuenta e siete persoas, entre rapaces e rapazas e adultos, distribuídos en diferentes grupos e sesións.

A comezos de decembro abrirase o prazo de inscrición para os obradoiros de Nadal, nos que, ademais dos actuais “Pinta no Museo” e “Cerámica”, haberá o de arqueoloxía, no que os rapaces realizarán a simulación dunha escavación arqueolóxica previamente preparada.

Con estas actividades totalmente gratuítas quérese dar a coñecer de forma activa as distintas coleccións do Museo, formando e entretendo á vez ós participantes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra