O concerto Despedida do Vilancico celebrarase o próximo venres, 13 de xaneiro

Actualizado 10/01/2012 11:56

museo de pontevedra

O tradicional concerto Despedida do Vilancico, que desde fai cincuenta e catro anos vén organizando o Museo de Pontevedra, organismo autónomo da Deputación Provincial, terá lugar na igrexa parroquial de San Bartolomeu o próximo venres, trece de xaneiro, ás oito e media da tarde e con entrada libre, como é habitual.

Será ofrecido polo coro dos ex-cantores do Instituto de Pontevedra, dirixidos por José Verea Montero, que contará coa colaboración do coro de nenos e nenas Luis García Limeses. Interpretarán un amplo e selecto programa de música de Nadal, no que figuran as seguintes composicións: In dulci jubilo, canon inglés do século XV; Le message des anges, tradicional francés, do século XIII, harmonizado por Agustín Isorna (1914-1966); Gloria in caelo, lauda italiana do século XIII, harmonizada por Agustín Isorna; No la debemos dormir, do Cancioneiro de Upsala, de Fr. Ambrosio de Montesino, do século XVI; Más vale trocar, de Juan del Encina (1468-1529); Es ist ein Ros entsprungen, de Michael Praetorius (1571-1621); Jesus Christ is born, espiritual negro, de N. Dett (1882-1943); No seio da Virge Ma, Nadal de Elvas (Portugal), harmonizado por Sampaio Ribeiro (1898-1966); O bon rei Don Wenceslao, tradicional inglés, harmonizado por Sir Malcolm Sargent (1895-1967); Un paxariño en Belén, de Manuela Verea; Deitadiño está nas pallas, tradicional portugués, harmonizado por Agustín Isorna; A palmeira, de José Verea; Adeste fideles, popular do século XVIII, de John Reading, harmonizado por Agustín Isorna; Stille Nacht, de Franz Gruber (1787-1863); O Tannenbaum, tradicional alemán, harmonizado por Agustín Isorna, e Benedicat vobis, de Georg Friedrich Haëndel (1685-1750).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra