O Edificio Sarmiento recibiu 10.000 visitantes durante as xornadas de portas abertas

Actualizado 10/01/2012 12:39

museo de pontevedra

A grande afluencia de visitantes nas xornadas de portas abertas organizadas pola Deputación de Pontevedra deixa patente o interese dos veciños da cidade, da provincia e dos turistas por coñeceren o resultado da remodelación deste emblemático edificio.

A entidade provincial, tras rematar as obras, puxo en marcha esta iniciativa e, en vista do éxito obtido, decidiu, xunto cos responsables do Museo provincial, ampliar o prazo das xornadas ata a última fin de semana de xaneiro.

O Edificio Sarmiento, rematado o dito prazo, volverá pechar as súas portas ata a súa inauguración oficial, previsiblemente a finais do verán, para que nos próximos meses se finalice a remodelación e se leven a cabo a mudanza e o traslado dos fondos depositados neste inmoble.

A Deputación e o seu Museo provincial, despois de recibir a visita de preto de 10.000 persoas, coinciden no éxito das xornadas e destacan o interese dos visitantes por coñecer e facer uso das novas e remodeladas instalacións.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra