Comezan de novo as visitas guiadas da Ruta do Museo

Actualizado 24/02/2012 12:21

museo de pontevedra

Durante os meses de marzo, abril, maio, outubro e novembro celebrarase un novo ciclo de visitas guiadas da Ruta do Museo, polos diferentes edificios que o compoñen.

O itinerario comezará, os sábados e domingos, nas Ruínas de San Domingos ás 11:30h.

A participación nesta actividade é de balde, pero é preciso inscribirse para elixir a data desexada e formar os grupos, que non deben superar as vinte persoas.

As inscricións poden facerse no propio Museo, chamando ao teléfono 986 804 100, extensión 42413 (Gabinete Didáctico), ou enviando unha mensaxe ao correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es.

Esta actividade está pensada para aproximar tanto aos habitantes de Pontevedra, como a aqueles que visiten a cidade desde calquera punto, como unha primeira aproximación ao coñecemento do noso Museo, que poderá complementarse con visitas máis específicas orientadas a coñecer máis polo miúdo as súas coleccións.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra