Día Internacional da Muller no Museo.

Actualizado 02/03/2012 10:09

museo de pontevedra

Para sumarse ás celebracións propias deste día, presenta o Museo dúas propostas. A primeira é un percorrido temático que leva por título Vidas contrapostas: a muller galega a principios do s. XX e a segunda consiste na proxección da película Sempre Xonxa.

  • Vidas contrapostas: a muller galega a principios do s. XX

    Tipo de actividade: visita temática comentada na que o Gabinete Didáctico, a partir de pinturas, esculturas, pezas etnográficas ou fotografías, tentará facer un achegamento á vida das mulleres galegas a principios do s. XX.

    Días: xoves 8, venres 9 e sábado10 de marzo

    Punto de encontro: Edificio Castro Monteagudo

    Hora: 18:00 h

    Duración: 1 hora

Actividade gratuíta previa inscrición chamando ó teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou enviando un correo electrónico a gabinetedidactico.museo@depo.es

Para un máximo de 15 persoas.

  • Proxección da película Sempre Xonxa

    Tipo de actividade: cine

    Día: xoves 8 de marzo

    Lugar: Auditorio do Sexto Edificio

    Hora: 20:00 h

    Duración: 114 minutos

Actividade gratuíta sen inscrición previa. Dirixida a adultos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra