Setenta e cinco cabodano de Casto Sampedro.

Actualizado 03/04/2012 09:58

museo de pontevedra

O pasado domingo, 8 de abril, cumpríronse setenta e cinco anos do pasamento en Pontevedra de Casto Sampedro y Folgar, que nacera en Redondela o 15 de novembro de 1848 e faleceu na súa casa pontevedresa en 1937.

A cidade de Pontevedra e a cultura galega en xeral débenlle moito a esta figura sobranceira por todo canto traballou, de maneira individual ou a través da Sociedad Arqueológica, para salvagardar e conservar todo aquilo que estaba a piques de desaparecer, desde elementos arqueolóxicos, artísticos, etnográficos y documentales ata os aspectos máis variados do folclore, no que é de salientar a recollida do Cancioneiro musical.

O Museo, do que foi o seu primeiro director, herdeiro dos seus proxectos e dos materiais reunidos por el e pola Arqueológica, acolleu no mes de outubro pasado as conferencias do X Memorial Filgueira Valverde, organizado pola Cátedra do mesmo nome que promoven a Universidade de Vigo e Novagalicia Banco.

Para máis información sobre Casto Sampedro premer aquí.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra