O Museo pon a disposición do público o seu catálogo web

Actualizado 14/04/2012 18:40

museo de pontevedra

Unha primeira selección do catálogo de obras do Museo pode ser consultada en liña a través do sitio web.

Trátase de 15.000 rexistros que se irán ampliando progresivamente, xa que só supoñen unha parte da variada colección de obxectos reunidos ao longo de oito décadas.

No catálogo en liña pódense consultar diversos datos destas pezas, tales como autor, escola, cronoloxía, medidas, materiais, localización… así como as imaxes das mesmas.

É o froito do traballo diario de investigación do persoal técnico e con el quérese contribuír a cumprir as funcións primordiais dun museo: investigar, conservar e difundir.

Acceso ó catálogo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra