O Día do Libro no Museo de Pontevedra

Actualizado 19/04/2012 09:15

museo de pontevedra

Aquelas persoas que visiten as salas do Museo durante o domingo 22 de abril, no seu horario habitual, de 11:00 a 14:00h, e os usuarios da súa biblioteca e arquivos que acudan á sala de investigadores o luns 23, de 9:00 a 12:00h, recibirán como agasallo un libro que poderán escoller entre unha selección variada de publicacións do propio Museo e do Servizo de Patrimonio Bibliográfico e Documental da Deputación, que colabora nesta actividade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra