A exposición Anxo Rial. Luces do mundo no Rosal

Actualizado 02/05/2012 08:34

museo de pontevedra

Desde as oito da tarde do xoves, 3 de maio, exhíbese na sala de exposicións do Concello do Rosal a mostra Anxo Rial. Luces do mundo, incluída no programa de colaboración cultural da Deputación de Pontevedra cos concellos da provincia.

Na exposición o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invítanos a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns, a fotografía e a viaxe, na que triunfan sobre todo a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espacios, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.

A mostra permanecerá aberta no Rosal ata o 19 de maio, podendo ser visitada de luns a sábado, de 9:30h a 13:00h.

Logo proseguerá a súa itinerancia polos seguintes concellos da provincia: Lalín, do 25 de maio ó 17 de xuño; Baiona, do 22 de xuño ó 1 de xullo; As Neves, do 13 ó 29 de xullo, e Sanxenxo, do 4 ó 26 de agosto.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra