Contando o mar: para ser grumete

Actualizado 02/05/2012 09:34

museo de pontevedra

No marco da colaboración da Deputación de Pontevedra cos concellos da provincia, o Gabinete de Difusión do Museo realizou unha actividade divulgativa de carácter activo na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barro.

Manexar un cuadrante, un astrolabio, un nocturlabio, como se podía facer na época das grandes descubertas, localizar a estrela Polar, comprobar de forma sinxela a redondez da Terra, coñecer e distinguir os barcos da época, os nomes das súas velas e os seus mastros, a dureza da vida no mar… as viaxes dos descubrimentos máis relevantes, cunha mención especial aos mariños pontevedreses Sarmiento de Gamboa e os irmáns García de Nodal, foron algúns dos aspectos tratados no obradoiro Aprende a contar o mar: para ser grumete que se realizou o sábado 28 de abril.

A actividade foi deseñada e impartida por José Manuel Castaño García e estivo dirixida a mozos e mozas de ESO e dos últimos cursos de Primaria que recibiron diferentes materiais de traballo e de consulta.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra