Curso Internacional O Camiño de Santiago e a arte

Actualizado 11/05/2012 11:43

museo de pontevedra

Os próximos días 17 e 18 de maio desenvolverase no Sexto Edificio do Museo o XIV Curso Internacional O Camiño de Santiago e a arte, organizado pola Fundación Rutas del Románico.

Organizado pola Fundación Rutas del Románico, desenvolverase os próximos días 17 e 18 de maio o XIV Curso Internacional O Camiño de Santiago e a arte, que terá como sede o Sexto Edificio do Museo.

As conferencias, con entrada libre, darán comenzo ás 18:30 h e ás 20:30 h e serán as seguintes:

O xoves, día 17, La iglesia románica de San Juan de Portomarín. Traslado y restauración, a cargo do historiador Francisco Javier Ocaña Eiroa, e El Museo de la Catedral de Santiago y el 800 aniversario de la consagración de la basílica compostelana”, polo director do Museo da Catedral de Santiago, Ramón Yzquierdo Peiró.

As do venres, día 18, estarán a cargo de María del Carmen Lacarra Ducay, catedrática de Historia da Arte Antiga e Medieval da Universidad de Zaragoza, que disertará sobre , e de Ángela Franco Mata, xefa do Departamento de Antigüidades Medievais do Museo Arqueológico Nacional, que o fará sobre Arte jacobeo medieval en Castilla y León.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra