Obradoiro da UIMP Galicia sobre Animación cinematográfica Stop Motion con obxectos e plastilina

Actualizado 23/05/2012 09:18

museo de pontevedra

Coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a UIMP Galicia programou o obradoiro Animación cinematográfica Stop Motion con obxectos e plastilina, dirixido por Virginia Curiá e Tomás Conde, directores de cine de animación, de Algarabía Animación, que terá como marco a sala de investigadores do Museo desde o 11 ao 15 de xuño.

A animación Stop Motion é a técnica cinematográfica que engloba máis artes para a súa execución. Neste obradorio, orientado principalmente aos perfís de Comunicación Audiovisual e de Belas Artes, os participantes iniciaranse no concepto do proceso de rodaxe fotograma a fotograma.

O taller ten un valor académico de 30 horas, que serán recoñecidas con créditos de libre elección, e un prezo de 129 euros, cunha redución do 50% para alumnos das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que poderán solicitar a bolsa ata o 27 de maio.

A inauguración terá lugar ás 10:00 h do día 11 de xuño, para continuar co seguinte programa: ás 10:30 h, visionado, presentación e normas básicas de animación Stop Motion; ás 12:00 h, medios técnicos, software e formulación da idea a desenvolver; pola tarde, con sesións ás 16:30 h e 18:00 h, rodaxe con obxectos.

O martes, día 12, a partir das 10:00 h, guión e espazo escénico, e construción de personaxe con cartolina; as sesións da tarde estarán dedicadas a rodaxe con cartolina.

O mércores, día 13, as sesións matinais versarán sobre guión técnico e storyboard e modelado de personaxe con plastilina e as da tarde sobre rodaxe con plastilina.

O xoves, día 14, o tema será sons de referencia, rodaxe idea e edición idea, que terá continuación na primeira sesión do día 15, en que ás 12,00 h se tratará sobre a sonorización e o visionado final, para proceder logo á clausura do curso.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra