Conferencia de Pilar Rojo organizada pola Cátedra Álvarez Osorio

Actualizado 24/05/2012 10:14

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto Edificio acolle o luns, día 28 de maio, ás 19:30 h, e con entrada libre, unha conferencia máis das organizadas pola Cátedra Álvarez Osorio, promovida pola Escuela Naval Militar e a Universidade de Vigo.

Estará a cargo da Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, que disertará sobre O Parlamento e a súa función representativa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra