A exposición Anxo Rial. Luces do mundo en Ponte Caldelas

Actualizado 28/05/2012 13:25

museo de pontevedra

No Centro Cultural de Ponte Caldelas pode contemplarse desde as oito da tarde do xoves, 31 de maio, a mostra Anxo Rial. Luces do mundo, incluída no programa de colaboración cultural do Museo de Pontevedra cos concellos da provincia.

Na exposición o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invítanos a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns, a fotografía e a viaxe, na que triunfan sobre todo a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espacios, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.

A mostra permanecerá aberta en Ponte Caldelas ata o 17 de xuño, domingo. O horario de apertura ó público é o seguinte: de luns a venres, de 18:00 a 21:00 h, e os sábados e domingos de 16:30 a 19,30 h.

A exposición continuará itinerando polos concellos da provincia, estando prevista a súa exhibición en Baiona, do 22 de xuño ó 1 de xullo, As Neves, do 13 ó 29 de xullo, e Sanxenxo, do 4 ó 26 de agosto.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra