Exposición Del pasado, honor; del presente, orgullo.

Actualizado 31/05/2012 15:00

museo de pontevedra

O próximo día 6 de xuño ás 19:00h e como parte dos actos programados para a celebración do seu XLVI Aniversario, a BRILAT inaugura na sala de exposicións temporais do Sexto Edificio a mostra Del pasado, honor; del presente, orgullo.

A exposición, tal e como indica o seu título, que coincide co lema da BRILAT, busca conxugar o pasado co presente.

Uniformes militares, que no seu momento foron usados por membros do exército español, a maioría entre finais do século XIX ata a actualidade, quedarán ilustrados na mostra cunha selección de miniaturas e unhas corenta reproducións de lenzos de pinturas bélicas do artista Ferrer Dalmau, todo iso aportado pola Asociación Retógenes de Amigos da Historia Militar. Xunto co anterior e representando o presente, unha mostra fotográfica integrada por trinta fotografías pertencentes á BRILAT de Pontevedra, a través das que poderemos contemplar tanto a instrución que os integrantes da BRILAT realizan de maneira habitual, coma o seu labor en Afganistán, nas sucesivas campañas que esta brigada realizou e segue a realizar no país asiático.

A mostra permanecerá aberta ata o próximo día 27 de xuño no seguinte horario: de martes a venres de 17:00 a 21:00; sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00, e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00.

Ver tríptico

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra