A Deputación de Pontevedra convocou os premios “Novos Valores 2012”

Actualizado 13/06/2012 12:21

museo de pontevedra

O próximo mércores, día 20 de xuño, e ata o xoves, 28, estará aberto o prazo para a presentación de obras.

A recepción dos traballos realizarase, agás sábado e domingo, entre as 09:00 h e as 14:00 h, no Sexto Edificio do Museo, ó que se debe acceder para tal efecto pola rúa Sierra.

A estes premios poden concorrer artistas naturais ou residentes na provincia de Pontevedra. A contía dos premios é de 4.000 euros para o primeiro, 3.000 euros para o segundo e 2.000 euros para o terceiro.

De entre as obras presentadas farase unha selección que conformará unha exposición a celebrar durante un mes no Sexto Edificio.

Para consultar as bases completas premer aquí.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra