A exposición Anxo Rial. Luces do mundo en Baiona

Actualizado 19/06/2012 13:14

museo de pontevedra

Na Casa do Concello de Baiona exhíbese desde as oito da tarde do venres, día 22 de xuño, a mostra Anxo Rial. Luces do mundo, incluída no programa de colaboración cultural do Museo de Pontevedra cos concellos da provincia.

Na exposición o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invítanos a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns, a fotografía e a viaxe, na que triunfan sobre todo a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espacios, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.

A mostra permanecerá aberta en Baiona ata o 30 de xuño, sábado, co seguinte horario de apertura ó público: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, e os sábados, de 10:00 a 13,00 h.

Despois de ser clausurada en Baiona, será exhibida en As Neves, do 13 ó 29 de xullo, e en Sanxenxo, do 4 ó 26 de agosto.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra