Estanse a celebrar os obradoiros de verán do Museo de Pontevedra

Actualizado 03/07/2012 10:18

museo de pontevedra

Desde o pasado día 2 de xullo estanse desenvolvendo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra os obradoiros de verán, nos que participan 225 rapaces e rapazas, distribuídos en diferentes grupos e sesións.

Con estas actividades totalmente gratuítas quérese dar a coñecer de forma activa as distintas coleccións do Museo, formando e entretendo á vez ós participantes.

O programa consta dun obradoiro de pintura titulado Pinta no Museo, un obradoiro de arqueoloxía titulado Reconstruíndo o pasado: simulación de escavación arqueolóxica e un obradoiro de cerámica.

Ver lista de admitidos

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra