A exposición Anxo Rial. Luces do mundo nas Neves

Actualizado 09/07/2012 14:02

museo de pontevedra

No auditorio municipal Vázquez Portomeñe das Neves exhíbese desde as oito da tarde do venres, día 13 de xullo, a mostra Anxo Rial. Luces do mundo, incluída no programa de colaboración cultural do Museo de Pontevedra cos concellos da provincia.

Na exposición o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invítanos a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns, a fotografía e a viaxe, na que triunfan sobre todo a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espacios, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.

A mostra permanecerá aberta nas Neves ata o 29 de xullo, domingo, co seguinte horario de apertura ó público: de luns a domingo, de 20:00 a 21:00 h.

Despois de ser clausurada en As Neves, será exhibida en Sanxenxo, do 4 ó 26 de agosto.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra