Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos

Actualizado 10/07/2012 09:25

museo de pontevedra

Os días 13 e 14 de xullo, ás 22:00 horas, celebrarase a cuarta edición do ciclo de concertos Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos que organiza o Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar aforo. Coma en anos anteriores, no caso de que as inclemencias do tempo non permitan a celebración dos concertos nas Ruínas, trasladarase esta ao Sexto Edificio do Museo na rúa Padre Amoedo, 3.

O programa é o seguinte:

Día 13 de xullo Trío Galaaz

Por razóns climatolóxicas, este concerto trasladarase ó Sexto Edificio do Museo.

O Trío Galaaz, integrado por Manuel Morales (frauta traveseira barroca), Rafael Muñoz (tiorba e guitarra barroca) e Arquímedes Artal (viola de gamba), xorde coa vontade de transmitir ó oínte actual as sutilezas propias do son rico e complexo destes instrumentos e da música composta para eles. A sonoridade desta formación, tan amada na corte francesa do Rei Sol, Luís XIV, consegue combinar os matices máis delicados e as articulacións máis refinadas cunha gran flexibilidade dinámica e unha gran potencia expresiva. Ademais, é ideal para recrear o que puido ser a atmosfera sonora da música de cámara no Barroco, tan afastada das masas orquestrais e os limiares de ruído do mundo actual. Os seus compoñentes especializáronse nas mellores escolas europeas cos intérpretes máis afamados dos seus respectivos instrumentos e teñen xa unha recoñecida traxectoria con diversas formacións dedicadas á música antiga.

Compoñentes:

Manuel Morales, frauta traveseira

Rafael Muñoz, tiorba e guitarra barroca

Arquímedes Artal, viola de gamba

Programa:

A Frauta Traveseira a través da Europa barroca

Sonate á la Maresienne, M. MARAIS (1656-1728)

Prèlude y Chaconne en la m para tiorba, R. DE VISÉE (1655-1732)

Sonata Nº8 en Re mayor Op. 2, JEAN-MARIE LECLAIR (1697-1764)

Sonata Op. Nº6 en Sol m para frauta e continuo, .A. LOCATELLI (1695-1764)

Aria Herr Christ, du höchtes Gut para viola e continuo, AUGUST KÜHNEL (1645-1700)

Solo VI en Re M para frauta e continuo, GENERAL J. REID (1721-1807)

Sonata en Re M para frauta e continuo, A.RODIL (1730-1787)

Día 14 de xullo Grupo de Música Antiga 1500: Do divino e o mundano

Unha peregrinaxe sonora do século XIII ó XVI

O grupo 1500, dirixido por Andrés Díaz, é unha formación vocal e instrumental dedicada á interpretación da música antiga. O seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, ata a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500 que da nome ao grupo. Os e as compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística, sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional, e teñen ofrecido numerosos concertos en Galicia, España e no resto de Europa.

Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual, empregando, ademais, un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas. Ademais da súa actividade concertística, o grupo de Música Antiga 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, ata a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais e teatro (1500 prestou a banda sonora para a curta Cadea Perpetua ou o documental O Mariscal), concertos, guías e materiais didácticos para as diferentes etapas do ensino, recitais de poesía e música e concertos monográficos de temática específica para diversas conmemoracións. Dende a súa creación, o grupo ten ofrecido numerosos concertos nos máis diversos escenarios como o Festival Espazos Sonoros, a Festa da Istoria de Ribadavia, o Ciclo Músicas na Compañía da USC, Ciclo de órgano de Xunqueira de Ambía, Ciclo da Semana Santa de Foz, Ciclo da Semana Santa de Ourense, Celebración do Centenario de San Rosendo en 2006 na Concatedral do Ferrol, Museo de Belas Artes da Coruña, Ciclo de órgano de Xunqueira de Ambía, Festival Músicas da Itinerancia e numerosos concellos de toda Galicia. Compoñentes:

Belén Bermejo López, voz e organetto

Victor Blanco López , guitarra renacentista e arpa

José Ignacio Castro Lozano, sacabuxa e frautas

Andrés Díaz Pazos (frautas, chirimía e vihuela)

María Giménez, voz e percusión

Roberto Santamarina Fernández, vihuela de arco

Andrés Díaz Pazos, Dirección

Programa:

I. O divino

Neuma-Alle psallite, ANÓNIMOS (CM), S.XIII

La tierche Estampie Royal, ANÓNIMO (Pa), S. XIII

STELLA SPLENDENS ("...CANTILENA AD trepudium rotindum"), ANÓNIMO (Ll.Ver), S.XIV

Caccia, ANÓNIMO, S.XIV

Qual é a santivigada, TALLER DE AFONSO X (Cant), S.XIII

II. A transición

A los baños del amor (instr.), ANÓNIMO (CMP), S. XV-XVI

La bella malmaridada, GABRIEL (CMP), S XV-XVI

A los baños del amor

III. O mundano

Non quiero ser monja non-Rodrigo Martines, ANÓNIMO (CMP), S. XV-XVI

Deus in adjutorium/Fija quieres casar, TRIANA (CC), S. XV

La moça que las cabras cría/D'amores son, TRIANA (CC), S. XV

Señora de hermosura, JUAN DEL ENCINA (CMP), S.XV-XVI

Enemiga le soy madre (instrum., ANÓNIMO (CMP), S.XV-XVI

Aquella buena mujer, TRIANA (CC), S. XV

Mayoral del hato, SANABRIA (CMP), S.XV-XVI

As Fontes:

CM: Códice de Montpellier, S. XIII

Pa: Paris, Bibliothèque Nationale, Ms f. f. 844, S. XIII

Cant: Cantigas de Santa María, varios manuscritos, S. XIII

LL.Ver: Abadia de Monsterrat, Llivre Vermell, S. XIV.

CMP: Cancioneiro Musical de Palacio, Biblioteca Nacional, Madrid. ss XV-XVI CC: Cancioneiro da Colombina, Biblioteca Colombina, Sevilla. S.XV

Os instrumentos:

Frautas renacentistas alto en fa, tenor en do e baixo en fa, según o conxunto Hies do Kunsthistorisches Museum de Viena, s. XVI. Paul Richardson (Madrid, 2000-2001-2005)

Frauta renacentista alto en sol, modelo Ganassi, s. XVI. Yoav Ran (Israel 2008) Chirimía alto en sol, según modelos renacentistas. John Hanchet (Norwich, 2001)

Sacabuxa tenor, según o modelo Schnitzer, 1590. John Webb (Padbrook, Wiltshire, 2003)

Guitarra renacentista de 4 órdenes, según o modelo de Melchior Dias c.1585. Stephen Murphy (Mollans sur Ouvèze, 2002)

Vihuela de 6 órdenes en sol, según diversas fontes do s. XVI. José Ángel Espejo (Madrid, 2001)

Arpa tardo gótica, baseada en cadros de Hans Memling c.1480. Reinhard Thürau (Wiesbaden, 2010)

Vihuela de arco, baseada nun fresco austríaco, c.1520. Ander Arroitajáuregui (Eibar, 2008)

Organetto, baseado en diversos cadros de Hans Memling c.1480. Helmut Kuhen (Innsbruck, 2007)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra