Exposición Premios Novos Valores 2012

Actualizado 26/07/2012 13:49

museo de pontevedra

No Sexto Edificio, desde o 27 de xullo e ata o 9 de setembro, celébrouse a exposición dos Premios Novos Valores de Artes Plásticas.

Exhíbense trinta e oito obras seleccionadas polo xurado de entre as cento seis que se presentaron ó certame convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra en diversas disciplinas, como pintura, escultura, debuxo, fotografía, gravado ou vídeo.

Os artistas galardoados foron os seguintes: primeiro premio, dotado con 4.000 euros, para Avelino David Fidalgo Omil, polo seu vídeo titulado Animación x animación; segundo premio, de 3.000 euros, para Antía Cea García, pola súa escultura Memoria de un depósito, e terceiro premio, de 2.000 euros, para Marta López López, polo seu debuxo Surrounded, 2012.

O xurado, presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, presidenta executiva do Museo e presidenta da Comisión de Cultura da Deputación, estivo integrado por Carlos Rosón Gasalla, presidente da Fundación RAC, Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro, Antón Castro Fernández, crítico de arte, Antón Pulido Novoa, artista, e Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura.

A mostra permanecerá aberta no horario habitual de exposicións temporais.

Para ver as obras seleccionadas e premiadas premer nos apartados seguintes:

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra