A exposición Anxo Rial. Luces do mundo en Portonovo (Sanxenxo)

Actualizado 31/07/2012 17:00

museo de pontevedra

A mostra Anxo Rial. Luces do mundo, incluída no programa de colaboración cultural do Museo de Pontevedra cos concellos da provincia, exhíbese, a partir das 20:00 h do día 3 de agosto, na Casa Mariñeira D. Fernando, ubicada no número 9 da rúa Dr. Lalinde del Río de Portonovo (Sanxenxo).

Na exposición o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invítanos a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns, a fotografía e a viaxe, na que triunfan sobre todo a luz e os grandes espazos.

Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espacios, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos.

A exposición permanecerá aberta en Portonovo ata o 25 de agosto, co seguinte horario de apertura ó público: de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra