A exposición Motos históricas prorrógase ata o 9 de setembro

Actualizado 31/08/2012 11:38

museo de pontevedra

Tendo en conta o interese que espertou no público en xeral, a exposición Motos históricas. Cen anos sobre rodas, que se vén exhibindo no edificio Sarmiento desde o 26 de abril, prorrogará a súa apertura ata o domingo, día 9 de setembro, coincidindo coa concentración moteira que se celebra en Sanxenxo.

Na mostra figuran 58 motos, que cronoloxicamente van desde finais do século XIX a finais do XX, que integran a colección de 131 exemplares propiedade de Manuel Gómez González.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra