Obradoiros de animación audiovisual

Actualizado 24/09/2012 12:43

museo de pontevedra

Ao longo dos meses de outubro e novembro vanse a celebrar no Edificio Fernández López do Museo tres obradoiros de animación audiovisual en stop-motion que levan por título Todos podemos animar.

Están realizados por OQO editora para a Deputación de Pontevedra e destinados a diferentes públicos. As inscricións deben realizarse na Secretaría do Museo ( 986 80 41 00 ) sendo a admisión por orde de inscrición.

Eu tamén animo!

  • Nenos e nenas de 8 a 12 anos ata un máximo de 15 participantes por grupo.
  • Grupo 1: sábados 6 e 13 de outubro, de 11 a 13 h
  • Grupo 2: sábados 20 e 27 de outubro, de 11 a 13 h

A animación como recurso didáctico

  • Para adultos (mestres, mediadores, pais, nais…)
  • Máximo de 20 participantes
  • Xoves 18 de outubro, de 16 a 19 h

Do álbum ilustrado ao cine de animación

  • Para universitarios, artistas e profesionais ata un máximo de 15 participantes por grupo.
  • Grupo 1: xoves 8 e 15 de novembro, de 16 a 19 h.
  • Grupo 2: xoves 22 e 29 de novembro, de 16 a 19 h.

Ver PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra