I Concurso de conto infantil ilustrado Contando Historias

Actualizado 19/10/2012 13:24

museo de pontevedra

O Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra acaba de convocar un concurso de conto infantil ilustrado centrado no Museo de Pontevedra e as súas coleccións.

Haberá unha categoría para creadores infantís na que poden participar todos os ciclos de primaria dos colexios da provincia e outra para creadores adultos. Os participantes deberán tecer, en lingua galega, unha historia novelada e ilustrada que terá como protagonista unha peza, unha colección, un personaxe ou un dos edificios do Museo.

Ver as bases

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra